Monday 13 de May de 2024

As obras da avenida de Ferrol obrigarán a cortar a rúa Lepanto ao longo de mañá


 

Dende a Policía Local de Ribeira informan de que por mor das obras de renovación de servizos e beirarrúas na avenida de Ferrol, ao longo de mañá martes 19 de maio estará pechada a circulación rodada pola rúa Lepanto que conecta a rotonda de Padín coa avenida Miguel Rodríguez Bautista.

Así e logo, aqueles condutores que precisen dirixirse a esa parte da cidade deben facelo pola rúa Canarias, subindo dende o Malecón por entre o mercado municipal e a praza Heroínas de Sálvora.